» Leer Conclusiones «





PRESENTACIÓN E INFORMACIÓN XERAL

Dende o ano 1996 a Asociación Down Lugo ven traballando para que as persoas con síndrome de Down, e con discapacidade intelectual en xeral, poidan acadar unha situación de normalidade como membros activos e de pleno dereito da sociedade na que viven. Tendo en conta a importancia da etapa escolar neste proceso integrador, un ano mais decidimos organizar as "IV XORNADAS SOBRE SÍNDROME DE DOWN: UNHA VIDA, UNHA REALIDADE" coa idea de seguir contribuindo a mellorar a situación escolar dos alumnos/as con discapacidade.

Os obxectivos que nos marcamos nestas Xornadas son, por unha banda, dar a coñecer o traballo que se está a levar a cabo no eido da educación das persoas con discapacidade (particularmente con síndrome de Down) na nosa Comunidade, e por outra banda, favorecer o intercambio de experiencias na práctica docente, e facilitarlles ós profesionais e ós pais e nais ferramentas de traballo para a educación dos nenos/as e mozos/as con síndrome de Down.

Convidamos a todo o profesorado, especialmente ó da nosa Comunidade, a participar activamente nestas Xornadas. Dende a Asociación Down Lugo dámosvo-la benvida.

RELATORES

  • D. Juan Perera Mezquida
    Doctor en Psicoloxía. Director do Centro Príncipe de Asturias (ASNIMO). Universidade das Illas Baleares.


  • D. José Rodríguez Díaz
    Psicólogo. Especialista en atención a persoas con discapacidade na empresa "Mayores Servicios Sociales".


  • Dona Daniela Rocha Pato
    Mestra de educación infantil. EEI Cividán, Mera (A Coruña).


  • Dona Eloísa Teijeira Bautista
    Psicopedagoga. Orientadora en educación secundaria. CPI Ribeira-Torneiros (Porriño).


  • Dona Elisa Larrañaga
    Psicóloga. Profesora da Facultade de Psicopedagoxía da Universidade de Castela a Mancha


  • D. Alberto López Gómez
    Pedagogo. Coordinador Programa de Autonomía Persoal e Habilidades Sociais de Down Lugo


  • D. Francisco García Rancaño, D. David Sahagún Prado, Dona Claudia Barral Mendoza, Dona Isabel García García, Dona Pilar García Vilanova, Dona Ma Jesús Pena Gómez
    Mozos e mozas de Down Lugo participantes no citado Programa.


  • Dona Mita Adriana Beutel Schiffer
    Profesora de Música e Expresión Corporal de Down Coruña.


  • Zaida Louzao Copa
    Mestra. Técnico de Emprego de Down Lugo.


  • Dona María Jesús Pena Gómez
    Moza con síndrome de Down empregada do Gran Hotel Lugo


  • PROGRAMA

    Venres 8 de abril
    16.00 Entrega de documentación
    16:30 Acto inaugural
    17:00 Conferencia inaugural: Un futuro prometedor xuntos: pais, profesionais, persoas con síndrome de Down, sociedade.
    Dr. Juan Perera Mezquida
    18:30 Descanso
    19:00 Presentación do vídeo editado pola Federación Down Galicia Conferencia: Un proxecto de vida: educando na responsabilidade.
    D. José Rodríguez Díaz
    20:30 Fin da xornada
    Sábado. 9 de abril
    9:30 Conferencia: Contidos educativos alcanzables para un neno con síndrome de Down.
    Dr. Juan Perera Mezquida
    11:00 Experiencia: Experiencia de aula en educación infantil: somos diferentes.
    Dona Daniela Rocha Pato
    12:00 Experiencia: Proxecto didáctico: unha vida por diante.
    Dona Eloísa Teijeira Bautista
    14:00 Descanso
    16:00 Experiencia: Guía de animación á lectura para alumnos con necesidades educativas especiais: "El hombrecillo de papel".
    Dona Elisa Larrañaga
    17:00 Experiencia: Programa de Habilidades Sociais. Duro traballo o camiño a unha realidade.
    D. Alberto López Gómez e usuarios do programa
    18:00 Descanso
    18:30 Experiencia: A realidade en movemento.
    Dona Mita Adriana Beutel Schiffer
    19:30 Experiencia: Programa de Integración Laboral: emprego con apoio. Unha experiencia persoal.
    Dona Zaida Louzao Copa e Dona María Jesús Pena Gómez
    20:30 Acto de clausura


    BOLETÍN DE INSCRICIÓN

    » Descargar impreso de inscrición