Dende a súa creación, a Asociación Síndrome de Down Lugo traballa para que as persoas con síndrome de Down da nosa provincia poidan acadar unha situación de normalización na sociedade, como membros activos e de pleno dereito da mesma.
Dende esta perspectiva, e tendo en conta que a educación é clave para o desenvolvemento da persoa, un dos nosos obxectivos é establecer unha colaboración fructífera cos centros educativos.

Dentro diste obxectivo, vimos organizando dende hai varios anos unhas xornadas, centradas básicamente no tema da educación, dirixidas tanto ó profesorado como a outros profesionais que traballan en campos relacionados, nas que se abordan diferentes aspectos en relación coa educación das persoas con síndrome de Down. Tendo en conta as suxestións feitas polo profesorado asistente ás Xornadas anteriores para mellorala utilidade e a funcionalidade das mesmas, decidimos organizar este ano o I CICLO DE OBRADOIROS: “abrindo camiños”, que se desenvolverán, cada un deles durante un día, ó longo do curso 2002/03. En cada obradoiro abordarase en profundidade, e coa participación activa dos asistentes, un tema relacionado coa educación das persoas con síndrome de Down ó longo da súa vida; os temas seleccionáronse en función do interese amosado polo profesorado dos centros da nosa provincia e polos asistentes ás xornadas anteriores a través das enquisas de valoración.

Con este ciclo de obradoiros pretendemos proporcionarlle ós profesionais que traballan con persoas con síndrome de Down (e tamén con outras discapacidades) estratexias axeitadas e ferramentas de traballo que lles sexan útiles na tarefa educativa. Cada obradoiro estará coordinado e dirixido por un ou varios profesionais cualificados, especialestas no tema a tratar e con ampla experiencia na educación de persoas con síndrome de Down.

A pesar de que a organización diste ciclo de obradoiros supón un gran esforzo para a Asociación, estamos convencidos da utilidade dos mesmos e polo tanto facémolo con ilusión e entusiasmo. Queremos transmitir este entusiasmo a tódolos profesionais que traballan con persoas con síndrome de Down e convidámolos a participar activamente naqueles obradoiros que consideren do seu interese ó mesmo tempo que agradecemos o seu esforzo. Estamos seguros que entre todos podemos conseguir que cada día máis persoas con síndrome de Down poidan acadar unha vida adulta plena e activa.

OBRADOIRO / COORDINADOR OBXECTIVO DATA / LUGAR
1 Novas alternativas de acceso ó mundo laboral para persoas con discapacidade psíquica.
Pedro Martínez López
Diplomado en Relacións Laborais, Director Fundación Síndrome Down de Murcia.
Irene Molina Jover
Diplomada en Traballo Social, Coordinadora de emprego Fundación Síndrome Down de Murcia.
Dar a coñecer programas alternativos ós centros ocupacionais para acadar a inserción social e laboral das persoas con discapacidade psíquica.

  • Evaluación do obradoiro
  • 9/novembro/02
    Facultade de Veterinaria
    (aulario)
    2 Educación cognitiva e comprensión lectora para alumnos con Síndrome de Down.
    Elías Vived Conte
    Psicólogo. Asociación Down Huesca.
    Analizar os plantexamentos pedagóxicos da educación cognitiva vinculados coas áreas curriculares instrumentais (lectura, escritura, matemáticas). Materiais e ferramentas didácticas.

  • Evaluación do obradoiro
  • 18/xaneiro/03
    Facultade de Veterinario
    (aulario)
    3 Desenvolvemento afectivo e sexual en persoas con Síndrome Down.
    José Luis García Fernández
    Psicólogo clínico. Profesor Universidade Pública de Navarra. Especialista en sexoloxía do Servicio Navarro de Saúde.
    Ofrecer unha panorámica xeral das formulacións actuais na educación sexual das persoas con síndrome de Down. Dotar ós/ás participantes dos recursos teóricos e prácticos que lles permitan achegarse ás necesidades e intereses sexuais dos nenos/as e mozos/as en cada etapa evolutiva, establecendo certos criterios para a intervención no centro educativo.

  • Evaluación do obradoiro
  • 21/febreiro/03
    Facultade de Veterinaria
    (aulario)
    4 Adaptacións curriculares para alumnos con Síndrome Down. Aplicación práctica.
    Emilio Ruíz Rodríguez
    Psicólogo e especialesta en Pedagoxía Terapéutica. Fundación Síndrome Down de Cantabria.
    Coñecer a realidade actual do Síndrome de Down e experimentar con experiencias prácticas de intervención educativa (Adaptacións curriculares individuais, programa de adestramento en habilidades sociais...).

  • Evaluación do obradoiro
  • 8/marzo/03
    Facultade de Veterinaria
    (aulario)
    5 Tecnoloxías da información ó servicio dos alumnos con discapacidade.
    Joaquín Fonoll Salvador
    Coordinador do programa de informática educativa da Generalitat de Cataluña. Profesor de informática aplicada á discapacidade na Universidade de Vic.
    Reflexionar sobre os problemas e avantaxes que se presentan cando as persoas con discapacidade utilizan os ordenadores. Coñecer recursos informáticos para a discapacidade ó alcance dos centros escolares. Utilizar algúns programas de ordenador para adaptar a actividade escolar, facilitar a accesibilidade e a comunicación.

  • Evaluación do obradoiro
  • 29/marzo/03
    Facultade de Veterinaria
    (aula de informática)
    6 A linguaxe do neno con Síndrome de Down.
    Antonia Domènech Montagut
    Psicóloga e Logopeda. Fundación Catalana Síndrome de Down.
    Teresa Valls Gubern
    Pedagoga e Logopeda. Fundación Catalana Síndrome de Down.
    Analizar e reflexionar sobre os diferentes aspectos da linguaxe, o seu desenvolvemento e aproveitamento a partir dos casos prácticos aportados polos/as participantes.

  • Evaluación do obradoiro
  • 10/maio/03
    Facultade de Veterinaria
    (aulario)