Asociación Síndrome de Down de Lugo
Vai dirixido a profesionais da educación; profesores/as, educadores/as, psicólogos/as, pedagogos/as, psicopedagogos/as, traballadores sociais, voluntariado, pais e nais, titores/as de persoas con discapacidade, e público en xeral interesado no tema.
12 e 13 de novembro de 1999.
O número de asistentes é aberto.
12 horas lectivas
Salón de Actos da Cámara de Comercio de Lugo. Ramón Ferreiro, 18
Data de homologación 25 de agosto de 1999
11. PERSONALIDADES
Foron invitadas tódalas personalidades das institucións educativas e as que están implicadas no mantemento da asociación. Tódalas autoridades recoñeceron o traballo desenrolado pola asociación na súa corta vida, auguraron un bo futuro e comprometéronse públicamente para seguir apoiandoa, felicitarona pola organización dun acto de tanta repercusión para Lugo e valoraron o movemento asociativo imprescindible para acadar os servicios e atencións ós que teñen dereito as persoas e colectivos desfavorecidos.
INAUGURACIÓN
- Don Luis Abades, Delegado Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
- Dona Branca Rodríguez Pazos. Tenente de Alcalde e Responsable de Benestar Social do Concello de Lugo.
- Don Enrique Fernández . Vicepresidente da Diputación Provincial.
- Don Xesús Pablo González Moreira. Delegado Provincial de Educación.
CLAUSURA
- Don Xosé Clemente López Orozco. Alcalde de Lugo
- Don Xosé de Cora. Director do diario El Progreso
- Dona María José Blanco Freire. Presidenta da Asociación Síndrome de Down de Lugo. 12.
COLABORACIÓN
- Diario El Progreso
- Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
- Consellería de Familia, Muller, Promoción de Emprego e Xuventude
- Consellería de Educación e Ordenación Universitaria q Deputación Provincial
- Concello de Lugo q Caixa Galicia q Fundación Pedro Barrié de la Maza
- Cámara de Comercio de Lugo
A difusión das Xornadas levouse a cabo cos seguintes medios
TRÍPTICOS E PÓSTERS
Os trípticos foron impresos na imprenta do Diario El Progreso. Fíxose unha tirada de 1.500 trípticos con tódala información e mais o boletín de inscripción para ser recortado. Tamén se deseñou un póster de 50 x 60 cm. co tema e o lema das xornadas e a información básica: lugar de celebración, data, colaboradores, homologación, etc. do que se fixeron 500 exemplares.
Tanto os trípticos coma os posters distribuíronse por tódolos centros educativos da provincia, a partir dun listado de centros facilitado polo CEFOCOP. Así mesmo, envióuse información a tódalas Asociacións e Fundacións de Sindrome de Down de toda España e ás Federacións de asociacións que atenden a persoas con discapacidade, ós gabinetes privados, ás delegacións de Servicios Sociais, á Cruz Roja e ós socios colaboradores de Lugo capital.
PRENSA, RADIO E TELEVISIÓN
Convocouse unha rolda de prensa o día 21 de octubro para presentar ante ós medios de comunicación a celebración das Xornanadas. Foron tódolos medios de Lugo e sacaron información ó día seguinte tanto nos periódicos como na radio e televisión. A Directora de Programas asistiu a unha entrevista na televisión local Telelugo. O día anterior á celebración das Xornadas convocámolos medios para que cubriran o desenrolo das mesma. Novamente asistiron todos agás Telvisión de Galicia que argumentou que non lle chegara a información maila que MRW a entregó na dirección correcta. Tampouco veu Atlas, a axencia que cubre a información local de Tele 5, aínda que se lle envió por fax a información a Santiago.
Experiencias anteriores mostraban o escaso interese do profesorado lucense e fíxose unha previsión á baixa. Valoráronse varios salóns de actos da cidade optándo finalmente por un intermedio, como era o da Cámara de Comercio, cunha capacidade inicial de 165 persoas, ampliable colocando sillas na última fila. A previsión inicial foi ampliamente superada o mesmo que a capacidade máxima do Salón de Actos da Cámara que superou os 200 asistentes. Durante as 12 horas que duraron as Xornadas tódolos asistentes estiveron perfectamente motivados e o Salón de Actos repleto.
Maila a escasa difusión das Xornadas fora da provincia, contamos con profesionais de tódolos puntos de Galicia, Asturias e Castilla - León. O número total de asistentes foi como sigue: 96 profesionais en activo, 95 estudiantes e desempregados, e 25 familiares da ASDL, o que fai un total de 216 persoas. Déronse certificacións homologadas ós 96 profesionais que tiñan dereito según a orde de 13 de decembro 1994 (DOGA 13 de Xaneiro do 1995) e ós 95 restantes, certificación da ASDL. Un número indeterminado de pais e nais da ASDL que non a solicitou expresamente non recibíu certicicación.
Existe un rexistro co número de homologación de tódolos certificados homologados que se entregaron, tanto ós ponentes como ós asistentes e a dirección. Así mesmo existen listados de persoas que asistiron sen dereito a homologación.
Deseñouse unha enquisa para recolle-la valoración cos asistentes facían de cada ponencia e a organización xeral (xúntase modelo e resultados). A valoración das mesmas foi moi positiva en liñas xerais, aínda que bastante xente manifestou que o tempo adicado a cada ponencia foi escaso e non houbo posibilidade de profundizar nalgúns dos temas propostos.
A Organización (Directora e Xunta Directiva) valora de xeito similar os contidos e demais aspectos relacionados coas mesmas. Recoñe como aspectos negativos non ter acertado coa previsión de asistentes. Así mesmo valora de forma negativa o feito de intentar meter demasiados contidos nunhas mesmas xornadas.
Como aspectos positivos valórase a boa expectativa que se creou e o interese mostrado polos profesionais da ensinanza. Realmente chegaron á xente e recibimos felicitacións de tódolos asistentes, ponentes e institucións implicadas. A organización foi boa e non houbo fallos visibles.
No referente a contidos foi un gran acerto escoller experiencias próximas e accesibles a casi calquera centro, xa que se falou dende a perspectiva de centros públicos e privados e falaron profesionais con experiencias variadas.
A introducción histórica situóu o tema ainda que se puideran buscar aspectos mais prácticos e concretos de actuación.
O repaso á lexislación e recursos foi dinámico e esclarecedor. Puxéronse sobre a mesa cuestións que non todo o mundo sabía, como por exemplo que á hora de escolarizar a un rapaz, ten perferencia o que presenta unha discapacidade, ou cos pais teñen dereito de leva-los seus filos ó colexio que elixiran e que non se lle pode rechazar polo feito de presentar unha discapacidade.
Na mesa redonda sobre distintos modelos de educación presentáronse dous modelos en colexios públicos, un ordinario e outro específico. O debate non xenerou polémica e deuse a coñecer que é posible educar na escola pública ordinaria a nenos e nenas con discapacidade, e que o modelo específico é igual de válido cuando a discapacidad é maior.
A fundamentación teórica permitíu ós asistentes coñecer de xeito breve as características básicas das persoas con sídrome de Down e coñecer que son persoas con capacidade de aprendizaxe e que non se lle pone poñer teito ás súas posibilidades, xa que cada ano que pasa melloran as expectativas das persoas con discapacidade, que non hai un patrón básico de conducta e que o trato que deben recibir é, igual co resto de rapaces, adaptado as súa personalidade.
A lectura e escritura resolveu moitas dúbidas ós profesionais e pais presentes o tempo que animou a moitas persoas a iniciarse no método de lectoescritura da Fundación cántabra ou noutros similares. Aportóu solucións prácticas referidas a materiais, uteis, metodoloxía, etc.
O memsmo sucedeu ca ponencia sobre o cálculo aunque neste caso o enfoque do tema foi un tanto pesimista en canto os obxectivos a acadar e non se aportaron (tal vez porque non as hai) moitas novidades para a aprendizaxe do cálculo no caso de nenos e nenas con síndrome de Down.
As estratéxias para traballar na aula permitiron, unha vez mais, concienciar o profesorado de que é posible integrar a nenos e nenas con discapacidade nas aulas ordinarias e que con pequenos cambios metodolóxicos e de organización, se consigue que todo o grupo saia beneficiado.
O momento mais emocionante das xornadas foi a intervención de Francisco García no exemplo de integración. Foi a demostración clara de que tódolo que se falara ata ese momento era totalmente certo.
A intervención dos representantes de Paideia pretendía poñer una meta clara na educación das persoas con discapacidade. A proxección do vídeo ofreceu un momento de descanso.
Para rematar as Xornadas contamos con Xaime Vázquez, que é un traballador de supermercados Claudio que ten síndrome de Down. A súa intervención foi alentadora e demostróu que non se poden poñer límites ás persoas con discapacidade, nin na súa formación nin nas súas posibilidades de desenvolvemento persoal e social.
En xeral as intervencións foron moi positivas e motivadoras e conseguiron que o salón de actos estivera repleto de xente aínda que la participación non fora elevada e non se fixeron moitas preguntas.
Durante o transcurso das Xornadas ofrecemos ós profesionais asistentes os recursos da asociación e a posibilidade de organizar grupos de traballo para tratar aqueles temas de interés relacionados coa educación de persoas con discapacidade. Coa documentación entregouse unha folla de recollida de datos para que a cubriran as persoas interesadas. A Asociación ten previsto facer unha primeira aproximación o tema, contando coas 20 persoas que manifestaron estar interesadas.
